Que é isto?

 

Que é isto?

É unha iniciativa absolutamente neutral, aséptica e informativa para levar a cabo unha entrevista a cinco bandas (cinco entrevistas idénticas, máis ben) aos candidatos a Reitor da UdC, podendo así comparar de xeito sinxelo as súas respostas.

A web está lista! Séguenos no noso twitter

Quen fixo isto?

Somos a Liga Estudantil Galega, unha organización de estudantes galega e de esquerdas.

De esquerdas porque apostamos polo ensino público e de calidade, a todos os niveis; pois consideramos que a educación pública é un poderoso instrumento do Estado para a redistribución de riqueza e o único garante da igualdade de oportunidades.

Nunha crise coma a que estamos a sufrir, precisamos máis que nunca da Universidade. Cambiar o modelo produtivo. I+D. Transferencia dos resultados da investigación. Termos non baleiros, non tan gastados, e non o suficientemente repetidos. Precisamos que a investigación e os logros que acadan os nosos -brillantes- investigadores cheguen a sociedade. Para transformala, para mudala, para avanzar cara un modelo produtivo sustentábel, limpo e real.

Traballamos en clave de país, sabemos que temos potencial. Negámonos a ter que emigrar para atopar un traballo digno. Negámonos a que ter unha língua propia sexa un problema. Negámonos a que a nosa terra remate sendo un campo de golf cun número particularmente elevado de eucaliptos. Por iso, galegos.

Por que o fixemos?

  • Porque non hai un candidato ideal. Ninguén é perfecto.
  • Porque non hai un candidato absolutamente horríbel.
  • Porque ningún candidato ten o monopolio das boas ideas. Nin das malas.
  • Porque valoramos as boas ideas.
  • Porque pensamos que a política e a ideoloxía inflúen na toma de decisións de calquera institución pública.
  • Porque apostamos pola honestidade, a información e a transparencia.
  • Porque, ademais do obxectivo principal de informar ao colectivo universitario, pensamos que esta iniciativa pode axudarnos a darnos a coñecer e ser máis valorados como organización.
  • Porque, insistimos, apostamos pola honestidade, a información e a transparencia :)
  • Porque tentamos que as preguntas fosen incisivas e representativas.
  • Porque os distintos colectivos da Universidade aprenderán máis da problemática que afecta aos outros sectores.

Agradecementos:

  • En primeiro lugar, aos candidatos a reitor. Non eran preguntas doadas, e non tiñan por que ter accedido á entrevista.
  • A todas as persoas que axudaron a redactar as preguntas.
  • A todas as persoas que axudaron dalgún xeito.
  • Que
  • Quen
  • Por que
  • Grazas
  • Webs
Posición da Liga Estudantil Galega